Tecer, cociñar, parir e fregar?



El País, 27.2.2020.

Custa imaxinar que houbo un momento na Historia no que as mulleres non podían votar, estaban máis cosificadas que hoxe en día e só servían para coidar do fogar e dos fillos, (sendo estes os únicos traballos polos que se lles coñecía aínda que xogasen outros papeis no mundo laboral). Pero o que máis custaría imaxinar sería un mundo no que o xénero feminino non se rebelase para poder acadar o voto, un dereito concedido en primeiro lugar só aos homes; que non o fixera para reivindicar a súa igual posición na sociedade con respecto á do xénero masculino; que non o fixera para que nós, mulleres do século XXI, poidamos acudir á escola de igual forma que os homes. Parádevos a pensar un segundo que pasaría se figuras tan coñecidas como a de Emmeline Pankhurst, Frida Kahlo, Xoana de Arco e moitas máis non levasen a cabo o que as fixo tan coñecidas: teriamos o dereito ao voto? Habería tantas mulleres graduadas? Seguiriamos sendo usadas para tecer, cociñar, parir e fregar?
Todo isto non quere dicir que en pleno século XXI as mulleres gocemos dos mesmos dereitos que os homes. Temos que seguir loitando, organizando folgas para que se recoñeza o noso traballo, organizar minutos de silencio para velar a vítimas de violencia machista e moitas accións máis empezando estas pola educación de futuras xeracións que descoñecen que é o feminismo e porqué este é necesario. E non hai máis que fixarse na arte, por exemplo, para darse conta. Gustariame facer unha volta atrás no tempo para aclarar isto.
Século XIX, nace o sufraxismo (movemento reivindicador do dereito do voto das mulleres) e con el o nome de activistas como a británica Emmeline Pankhurst, fundadora da Unión Social e Política das Mulleres (WSPU). Ela incitou a moitas mulleres a loitar polos seus dereitos, feito polo que foi arrestada en diversas ocasións. Foi e é unha das figuras máis importantes das “sufraggettes”, a quen ao principio tomaban como un grupo de 'solteironas desquiciadas'. Foron estas mulleres un grupo tan comprometido coa causa que incluso chegaron a morrer por ela; e se morría unha o resto vingaríaa.
De feito, foi a mañá do 10 de marzo de 1914 cando Emmeline foi arrestada por incitar á violencia e a mesma tarde dese día cando unha das súas compañeiras iría á National Gallery (Londres) a acoitelar un cadro en vinganza do inxusto arresto. Un cadro moi coñecido é dun dos pintores máis coñecidos de España: La venus del espejo. Malia non ter moitos coñecementos sobre arte calqueira persoa sabe que a Venus é representada coa figura dunha muller, unha muller desnuda. Unha muller chea agora de rasguños.
Quizais o feito da súa desnudez non chame moito a atención, pero teñamos en conta o seguinte: imos a un museo de arte non contemporáneo, vemos un lote de obras expostas, fixámonos nas cartelas que están ao seu carón e nas que se identifica a obra é ao autor ou autora. Lemos a notiña de varios cadros, todos ou case todos foron feitos por homes. Volvemos a fixarmos na composición e seguramente atopemos a figura dalgunha muller posando. A muller é a musa e o home é o artista.
Agora imos a un museo de arte contemporánea, fixámonos nas cartelase os nomes volven a ser masculinos na súa maioría.
Algo está a pasar, pois será por mulleres artistas ao longo da historia... Será que as mulleres pintan, cantan o bailan peor que os homes? A resposta é non, poden facelo igual de ben e igual de mal. Pero entón, por que son elas as musas? Isto é contra o que tamén quería loitar Mary Richardson cando acoitelou a obra: 'puesto que se atenta contra la vida de las mujeres, es de rigor proceder a la destrucción de las obras de arte que las representan'.
Non hai que ir moito máis atrás no tempo para encontrarse con máis figuras que critiquen a presencia sexualizada das mulleres nos museos, pois temos o examplo das 'Guerrilla Girls', un grupo de activistas feministas que se poñen unha careta de gorila para, dentro do anonimato, expoñer os prexuízos de xénero e étnicos, así como a corrupción na política, na arte, no cine e na cultura pop. Elas, entre outras cousas realizan intervencións e exhibicións en museos, arroxando os carteis que elas mesmas fan nas súas paredes polo seu mal comportamento e prácticas discriminatorias: menos do 4% dos artistas nas seccións de arte moderno son mulleres, pero o 76% dos desnudos son mulleres.
Esta situación ten que cambiar, por nós e por elas, que loitaron e deixaron un legado máis grande que o teito de cristal que nos podemos atopar á hora de conseguir con posto de traballo. Porque non podemos seguir morrendo polo simple feito de pertencer ao xénero feminino, porque o noso traballo non pode seguir sendo despreciado e porque, en esencia,homes e mulleres somos iguais, ambos somos seres humanos pensantes e, como tal, deberíamos ter os mesmos dereitos. Iso é o que o feminismo reivindica: a igualdade.
Sexamos as musas das nosas propias vidas e as artistas que representen a vida dos demais.
Laura Santos
2º Bach B

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931