María Pita, guerreira galega

Arturo Fernández Fersa. Concello de A Coruña

No contexto da guerra anglo-española (1585-1604), e como represalia ao intento de invasión española de Inglaterra a través da célebre Gran Armada, a frota formada por Felipe II en 1588, a raíña protestante mandou unha frota capitaneada polo corsario Francis Drake para atacar e saquear cidades clave do imperio. Unha delas foi A Coruña, onde a valente defensa dos seus habitantes quedou inmortalizada grazas á figura de María Pita.
María Pita, realmente chamada Mayor Fernández de Cámara Pita, naceu arredor do 1564 na localidade coruñesa de Santiago de Sigrás (preto de Cambre) no seo dunha familia pertencente a unha clase popular. Pouco se sabe de detalles biográficos que non teñan que ver coa famosa loita ou cos catro matrimonios dos que temos constancia. O primeiro foi cun carniceiro que a deixou cunha filla e numerosas terras, que aproveitou para vivir de forma máis despreocupada.
Pero, sen dúbida, polo que a galega foi transformada nunha heroína do pobo foi pola súa valentía na defensa da cidade da Coruña. Nun primeiro momento, unicamente foron mobilizados os nenos e os homes, que xunto coas mulleres, que exercían un papel de apoio, estaban atrincheirados na praza que agora leva o seu nome. Pero o transcurso da batalla non foi positivo para os coruñeses, que comenzaban a decaer de ánimos, sobre todo despois da caída da muralla e a toma inglesa do barrio da Pescadería. Todo cambiou cando apareceu, segundo conta a lenda, María Pita coa bandeira do alférez da frota británica, a quen acababa de matar. Co grito de guerra inmortalizado, “Quen teña honra que me siga”, liderou o conflito ata que os ingleses se retiraron. Xa rematada a batalla, a galega axudou a retirar aos mortos das rúas e a coidar feridos e nenos durante s seguintes días.
A vida posterior de María está marcada polos seus dous futuros maridos, un capitán de infantaría e un funcionario da Real Audiencia, e polo título que lle concedeu o propio rei Felipe II de “soldado avantaxado”. Dende entón non volveu casar ata a súa morte no ano 1564.
Deste xeito, María Pita non só se converteu na heroína por excelencia da cidade da Coruña, senón nun símbolo da resistencia nacional contra os ingleses, que a vai levar a ser representada por numerosos pintores coma Arturo Fernández Cersa a finais do século XIX.
Daniel Rodríguez Fraga
2º Bach C
Bibliografía
Cervera, César (2015): “El secreto peor guardado de la historia de España: las mujeres guerreras «de puñal guardado en la liga»”. Dispoñible en https://www.abc.es/historia/abci-secreto-peor-guardado-historia-espana-mujeres-guerreras-punal-guardado-liga-201510290311_noticia.html

Ferrer Varelo, Sandra (2018),: “La heroína de A Coruña, María Pita (1564-1643)”, Mujeres en la historia. Dispoñible en https://www.mujeresenlahistoria.com/2018/09/maria-pita.html

“María Pita: 'Quien tenga honra, que me siga'” (2017). Dispoñible en https://gaceta.es/noticias/maria-pita-tenga-honra-siga-04042017-0914/

Villatoro, Manuel P. (2019), “Maria Pita: la gallega irreductible que humilló al enemigo más pérfido de la historia de España”. Dispoñible en https://www.abc.es/historia/abci-maria-pita-gallega-irreductible-humillo-enemigo-mas-perfido-historia-espana-201902050230_noticia.html

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931