A bandeira da II República española

A simboloxía é unha parte moi importante dun Estado. Xa sexan bandeiras, himnos ou escudos, conforman a identidade nacional dunha sociedade. Neste caso voume centrar na bandeira de España. Cambiou varias veces durante a súa historia, pero a variación que máis me chamou a atención foi a da Segunda República (1931-1939). Cal é a orixe da terceira franxa morada da “tricolor”?
Tras a proclamación da Segunda República española, numerosas cidades comezaron a colgar nas súas prazas esta bandeira que, como se recolle na Constitución de 1931, estaba formada por unha franxa vermella, unha amarela e outra morada. Esta nova cor provén, segundo o xa citado decreto, dos Comuneros de Castela, que protagonizaron un levantamento no século XVI nunha etapa de inestabilidade. Con isto se introduce a Castela na bandeira, como símbolo da poderosa España do pasado.
Aínda así, non está confirmado que o morado fora o color emblemático dos Comuneros. O que si se sabe é que o carmesí era unha cor identificadora deste colectivo, polo que se pensa que a implantación do morado puido ser unha confusión cromática. Ao envellecerse un tecido podía desgastarse e volverse máis claro, pola luz do Sol por exemplo, e isto puido levar a confundir as cores.
Outro cambio desta bandeira é o escudo. Se o comparamos coa actual destaca unha característica obvia. No republicano non atopamos ningunha coroa. Substitúese o símbolo real por un castelo. No monárquico aparece o escudo da dinastía Borbónica no centro que, loxicamente non atopamos no da República.
Tras o levantamento militar e o inicio da Guerra civil, o 29 de agosto de 1936 restableceuse a bicolor e mais tarde, no 1938, introduciríase o escudo coa Águia de San Xoán.
Martín Alonso
2º Bach B

Fontes
-Bandera de la Segunda República española:  https://es.wikipedia.org/wiki/Bandera_de_la_Segunda_Rep%C3%BAblica_Espa%C3%B1ola (Consultado 16.2.2020).
-Martínez, Carles: “¿Sabía que el color morado de la bandera republicana es un error?”, Madridiario.es,27.2.2018. (https://www.diariocritico.com/color-morado-de-la-bandera-republicana-error). (Consultado 16.2.2020).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931