Guiri

A palabra “guiri” úsase actualmente con relativa frecuencia, principalmente debido á constante e crecente cantidade de turistas que visitan España. A RAE recoñece esta palabra e lle dá varias acepcións, entre elas a que nos interesa e a terceira: “Turista estranxeiro”. É a que máis usamos practicamente todos e que xa temos asumida. Ata fai pouco eu asumín erroneamente, dada a grafía da palabra, que esta proviña do inglés. Probablemente, pensei, provirá dalgunha expresión dos turistas de fala inglesa que nos adaptamos ou quizais incluso sexa algunha palabra preexistente da nosa lingua que tratamos de pronunciar coa fonética inglesa a modo de broma... Equivoqueime e quedei bastante sorprendido coa realidade.
Todo remóntase á primeira metade do século XIX, cando España estaba sumida nas guerras carlistas. No ano 1833 morreu o rei Fernando VII, cuxa descendencia foron dúas nenas, pero a lei prohibía que o seu sucesor non fose barón. Fernando, para desgusto do seu irmán Carlos, decidiu remedialo cambiando a lei por decisión propia. A partir dese momento, España dividiuse en dous bandos, cada uno partidario dun herdeiro diferente. Os sectores más liberais de la época (isabelinos ou cristinos) defendían a filla maior do rei, Isabel, e á nai desta, María Cristina. En cambio os conservadores (carlistas), que non toleraban la idea de que una muller reinase, querían que o monarca fose o propio Carlos, o que provocou unha guerra civil.
Evitarei desviarme procedendo ao tema da palabra. Resulta ser que provén do vasco. Tratase de una palabra que usaban os soldados carlistas asentados no norte de España. En euskera existe o vocábulo «guiristino», que se traduce en español por «cristino», e que por etimoloxía fai referencia aos defensores da rexente María Cristina. Usábase a palabra «guiristino» para designar a persoas alleas, estranxeiras ou distinta. Os guiristinos eran pois “os outros”. En referencia ás tropas de María Cristina, podemos ler no capítulo V de Zumalacárregui, Episodio Nacional de Benito Pérez Galdós: “A los de la Guardia se les llamó entonces guiris porque llevaban tres letras, G. R. I., en la gorra y en la cartuchera, y guiris se les llama todavía”. No Museo do Exército, en Toledo, é posible ver uniformes con esas siglas. A palabra recuperouse e acortouse a guiri nos anos sesenta, cando a chegada masiva de estranxeiros provocou que algúns dos máis conservadores viran isto como unha afronta contra os valores impostos por Franco, recuperando así a palabra e redefiníndoa.
Parece moi interesante a orixe da palabra, reitero que eu vivía enganado pensando que era unha palabra que ou ven era inglesa ou trataba de selo. A partir de agora creo que porei un pouco máis de atención ás palabras que me resulten alleas.
Luís Dono Araújo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Batalla de Vigo (18/28 de julio de 1936)

O atentado de Hipercor (19.7.1987)

La Constitución de 1931