O conflito entre Marrocos e a Fronte Polisario

O conflito do Sáhara Occidental é unha das loitas máis coñecidas do continente africano e actualmente vive o seu peor momento. A primeira vez que España tivo presenza en territorio saharauí foi o 4 de novembro de 1884, na península de Río de Oro, e o 26 de decembro dese mesmo ano deu comezo a súa colonización sobre o Sáhara Occidental. Así llo comunicaba ás demais potencias coloniais. Máis adiante, en 1885, as potencias europeas reparten África na Conferencia de Berlín e aceptan a reclamación española do seu dereito histórico sobre o territorio occidental saharauí. Así, España quedaba co Sáhara, Guinea, e algunhas zonas de Marrocos. O interese de España pola rexión desértica é evidente se temos en conta a súa proximidade a Canarias e a riqueza pesqueira nas súas costas. O 27 de xuño de 1900, Francia e España establecen a delimitación das fronteiras do actual Sáhara Occidental, acordando o mapa definitivo do territorio, e en 1912 no Trat...